Chámanlle ‘o
refuxiado’ e os seus peiños endexamais se calzaron.
A súa casa, a súa
escola estouparon polos aires, e chámanlle ‘o refuxiado’.
Non ten cousa que
comer, e chámanlle ‘o refuxiado’.
Fuxiu de homes
armados no colo da súa nai, e chámanlle ‘o refuxiado’.
A súa nai morreu
afogada nas costas de Grecia, e chámanlle ‘o refuxiado’.
Durme esfarrapado
nunha lameira diante das portas pechadas de Europa, sen casa nin teito que lle servan
de refuxio.
¡E aínda lle
chaman ‘o refuxiado’!
No hay comentarios:
Publicar un comentario