martes, 24 de octubre de 2017

O conto


Escribín un conto fermoso. Mandeillo a Nano, o meu querido amigo, pedíndolle opinión. Non volvín saber del. Era un conto abraiado de luz de novembro, con brisa de magosto, coa tristura inmensa da esperanza… Mandei o conto a Raúl, o meu libreiro, experto en saraibas e derrotas. Dende entón, non souben máis nada daquel home. Debeu de marchar fóra, porque a libraría pechou aos poucos días e despediron a todos. En fin, mandeillo a Lucía; ela sabería apreciar as testuras do relato, os matices da súa urdime. Chameina días despois pero non a din atopado. A súa familia denunciou a súa desaparición e a policía aínda a está a buscar. Seica hai xente que asegura tela vista por algunha praia do norte, guindando laxiñas ás ondas. Era un conto violeta, de adelfas e menceres, de mares abertos e saudades...

No hay comentarios:

Publicar un comentario